Futevolei e volei praia animarán Lourido durante o Verán Deportivo de Poio

Poio
28 de xuño 2024

O alcalde, Ángel Moldes, presentou as probas que incluirá este programa, que pretenden seguir fomentando tamén durante os meses de verán a práctica deportiva e hábitos saudables combinando competicións federadas e amateur

 

Presentación do Verán Deportivo de Poio Concello de Poio

O futevolei e volei praia volven cobrar protagonismo en Lourido coa celebración do Verán Deportivo de Poio, que arrancará mesma esta fin de semana.

O alcalde, Ángel Moldes, presentou as probas que incluirá este programa, que pretenden seguir fomentando tamén durante os meses de verán a práctica deportiva e hábitos saudables combinando competicións federadas e amateur.

Así, este domingo 30 de xuño, Lourido converterase nun campo de futevolei, cun torneo que se disputará nas categorías masculina, feminina e mixtas para maiores de 16 anos. Tamén o domingo, para a rapazada de 9 a 16 anos, organizarase o Beach Sports Kids Tour.

A seguintes probas serán o sábado 6 e domingo 7 de xullo, na que competirán en volei praia, tamén na praia de Lourido.

O sábado será competición federada nas categorías sénior masculina e feminina e sub-21 masculina e feminina. Esta proba está incluída no circuíto Vichy Catalán volei praia galego e está homologada para puntuar no ranking nacional. 

O domingo, pola súa banda, reservarase para a categoría amateur masculino, feminina ou mixta.

As inscricións para participar nas probas de volei praia están abertas ata catro días antes da cita en verandeportivo.com.