O Froiz pecha cun sorriso a Copa de España de Ciclocrós

Pontevedra
18 de decembro 2024
Actualizado: 18:08

Miguel Rodríguez e Aroa Otero foron os mellores sub-23 no IX Ciclocrós Internacional Ciutat de Xàtiva, que puña punto final á Copa de España da especialidade

Miguel Rodríguez, no IX Ciclocross Internacional Ciutat de Xàtiva Real Federación Española de Ciclismo

Peche con bo sabor de boca para o Grupo Deportivo Supermercados Froiz na Copa de España de Ciclocrós.

Varios ciclistas do equipo alimenticio foron protagonistas do IX Ciclocrós Internacional Ciutat de Xàtiva, que puña punto e final ao certame nacional.

Os máis destacados foron Miguel Rodríguez e Aroa Otero.

O primeiro deles finalizou no terceiro posto do xeneral a só 5 segundos do vencedor e como mellor corredor sub-23.

Kevin Suárez foi o gañador da carreira, co francés Leo Bisiaux en segunda posición. Ademais Gonzalo Inguanzo asinou o quinto posto (segundo elite).

Pola súa banda Aroa Otero foi a mellor sub-23 en Xàtiva facéndose co segundo posto na clasificación final da Copa de España.

A cruz do fin de semana púxoa Raúl Mira, ao que unha avaría mecánica relegoulle ao noveno posto, aínda que non impediu o seu triunfo final na Copa de España en categoría Sub-23.