O culebrón do verán para o Pontevedra chegou ao seu fin. Despois de varios meses insistindo na renovación de Álvaro Bustos, o extremo xixonés tomou a decisión de abandonar o club granate.
Segundo anunciou o xogador a través da súa conta de Twitter, foi "una decisión que me ha costado mucho tomar y no voy a pedir a nadie que entienda los motivos que me han llevado a ello".
Finalmente, foi o Racing de Santander o equipo ao que o xogador de 25 anos decidiu irse a pesar de que a oferta de continuidade por parte do Pontevedra, club no que militou durante a última tempada e media, disputando 40 partidos coa camiseta granate nos que anotou 8 goles, seis deles na última tempada.