Filomena Paulo e David de Matos, vencedores da quinta edición da Epic Race

Pontevedra
06 de xuño 2021

A Epic Race, unha das carreiras de BTT máis esixentes do circuíto, fixo parada en Pontevedra esta fin de semana, onde preto de 400 corredores de diversos puntos do país, ademais de Portugal e Suíza, reuníronse para disputar a quinta edición da contrarreloxo. Unha proba moi esixente que percorreu, durante o día e a noite, montañas, ríos e costas de ata 14 concellos de Pontevedra

Entrega de medallas da V edición da Epic Race Cristina Saiz

A Epic Race, unha das carreiras de BTT máis esixentes do circuíto, fixo parada en Pontevedra esta fin de semana, onde preto de 400 corredores de diversos puntos do país, ademais de Portugal e Suíza, reuníronse para disputar a quinta edición da contrarreloxo. Unha proba moi esixente que percorreu, durante o día e a noite, montañas, ríos e costas de ata 14 concellos de Pontevedra.

A carreira dividiuse nas etapas Pontevedra-A Lama, A Lama-Mondariz, Mondariz-Mos, Mos-Pontevedra, Pontevedra-Portas, Portas-Moraña e Moraña-Pontevedra, e nas distancais de 300 ou 200 quilómetros.

Na versión máis dura da 'épica', os ciclistas tiveron un máximo de 28 horas para percorrer os 300 quilómetros e un desnivel de 8.500, mentres os que optaron por disputar a versión máis 'suave' da carreira, tiveron 200 quilómetros por diante e un desnivel de 5.500 metros que tiveron que cubrir en menos de 19 horas.

Na 'Epic 300', o ouro por equipos en categoría EQ2 levárollo Arroutados (13:49:37.472), a prata foi para o Global Dxt Team (15:18:50.606) e o bronce para Fornelos (15:18:50.650).

En categoría EQ3, o equipo vencedor foi o Vasconha BTT Vouzela cun tempo de 13:08:40.147. O podio completárono o #OeaPower_3_ AIU (13:50:44.518) e Los Cántabros (14:15:47.014).

En invididual feminina, a gañadora da carreira foi Filomena Paulo, do Movefree (21:49:30.968). Segunda foi María Luisa Cunco, do Expobikes (22:17:25.925) e terceira chegou Isabel Castro, do Bike Point Tenerife (25:25:23.147).

Pola súa banda, en individual masculina, o primeiro posto foi para David de Matos, do Amigos do Desporto (14:13:03.654). Seguíronlle Juan Pedro Trujillo, do Berria Bargosa Fruit (14:13:04.849) e Filipe Machado, do Spacebtt (15:04:48.488), segundo e terceiro respectivamente.

Finalmente, na 'Epic 200', en categoría EQ2 masculina, o vencedor foi Casa do Povo de Abrunheira (08:52:49.079). Segundo foi o Rpmob (09:28:52.849) e terceiro o Malga Brothers (09:33:04.445). Na carreira mixta, o equipo oro foi para o Strong Biker (10:58:46.343), a prata para o Alfunsa Team I (11:41:43.865) e o bronce para Alfunsa Team II (12:25:17.697).

Eva Ortega, do P.C Biciosos Rías Baixas, foi a gañadora en individual feminina cun tempo de 11:17:21.060. O podio completárono Vània Sofía Gomes, do ACDL Team (12:25:09.518), e Yolanda García, do Gallaecia Raid (18:47:51.817).

Por último, Miguel Arisa, do Fxtol Team, venceu na proba individual masculina, chegando á meta en 09:06:28.834. Seguíronlle José Pacheco, do Spac BTT (09:10:36.414) e José Oliveira, do Monçaobike (09:10:38.935).