Fernando Echávarri, atracado a punta de pistola en Río de Janeiro

Pontevedra
21 de maio 2016

O regatista pontevedrés, que se atopa en Brasil preparando a súa participación nos Xogos Olímpicos, foi asaltado este sábado en plena rúa xunto á súa compañeira Tara Pacheco e o seu adestrador, Santi López-Vázquez, segundo informou a Federación Española de Vela. Pese ao mal momento que pasaron afortundamente non sufriron danos persoais

Fernando Echávarri e Tara Pacheco tras vencer na Copa do Mundo de Hyères Pedro Martinez / Sailing Energy

O Equipo Español de Nacra 17, entre o que se atopa o pontevedrés Fernando Echávarri, foi vítima este sábado dunha atraco a punta de pistolaen Río de Janeiro.

Echávarri, que se atopa en Brasil preparando a súa participación nos próximos Xogos Olímpicos, foi asaltado á primeira hora da mañá en plena rúa mentres se dirixía a almorzar no barrio de Santa Teresa, segundo informou a Real Federación Española de Vela.

Xunto a el estaban a súa compañeira no Nacra 17, a canaria Tara Pacheco, e o adestrador de ambos, Santi López-Vázquez.

Víronse abordados por cinco persoas armadas con dúas pistolas, "cinco menores" segundo o testemuño de López-Vázquez, a quen roubaron todo o instrumental de traballo que portaba nese momento. 

Pese ao enorme susto afortunadamente ningún sufriu danos persoais, polo que queren pasar páxina canto antes para centarse de novo nos adestramentos que están a realizar na zona na que competirán en agosto na busca dunha medalla olímpica.