Febre polo tenis de mesa no Multiusos

Pontevedra
08 de decembro 2024

O Tenis de Mesa Monte Porreiro organizou ao longo da fin de semana o Torneo Preestatal para a Zona Norte, coa participación do ardededor de 400 deportistas

Torneo Preestatal de tenis de mesa en Pontevedra PontevedraViva

Unha fin de semana de moito tenis de mesa en Pontevedra.

O pavillón Multiusos da Xunqueira foi escenario durante o venres 6, sábado 7 e o domingo 8 de decembro do Torneo Preestatal Zona Norte.

Todo baixo a organización do club local, o Tenis de Mesa Monte Porreiro, e da Federación Galega de Tenis de Mesa.

Déronse cita no evento ao redor de 400 deportistas de diferentes idades, do cuadrante norte peninsular.

Tres días de dobre xornada e moitos encontros.

De feito foi necesario instalar até 36 mesas de xogo nas dúas pistas do Multiusos, 26 delas para competir e 10 para quecemento.

O Tenis de Mesa Monte Porreiro participaba neste Preestatal con até 54 deportistas.

Unha competición para medir o nivel dos deportistas e no que moitos tiñan o obxectivo de clasificarse para o Torneo Estatal, no que se enfrontan cada ano os mellores xogadores e xogadoras do país.