Non estarán en Tokyo, pero París 2024 aparece no horizonte como un soño non tan afastado para eles, e por iso calquera experiencia acumulada pode resultar moi valiosa.
Con esa idea o Mat's de Marín desprazouse ata a localidade inglesa de Manchester, convidados a unha concentración co equipo olímpico do Reino Unido.
Alí atópanse os deportistas Iván García e Arlet Ortiz, xunto a Pablo Patiño (Patiño Moaña) e Jesús Benito, técnico do Mat's.
Uns adestramentos de calidade dos que empaparse e de paso preparar a súa próxima participación no Campionato de España Sénior, mentres que por parte británica afinan a súa posta a punto para Tokyo.
Toda unha oportunidade para seguir mellorando para, nas súas próximas competicións, ir gañando postos no ranking dos seus respectivos pesos.