Experiencia nacional para o Galaico Sincro

Pontevedra
02 de xullo 2019

O conxunto pontevedrés finalizou en 12º lugar no Campionato de España Infantil de Primeira División celebrado en Valladolid, sendo o único club galego en competición

Equipo infantil do Galaico Sincro Club Galaico Sincro

O Club Galaico Sincro segue empeñado en crecer aos poucos, e así o demostrou no recente Campionato de España Infantil de Natación Artística de Primeira División, onde competiron os 16 mellores clubs do país tras clasificarse no pasado Nacional de Inverno.

O conxunto pontevedrés finalizou nun meritorio 12º posto, sendo o único club galego na competición.

O Galaico acudiu á cita cunha decena de nadadoras presentando rutinas de sós, dúos, equipo e rutina combinada.

Sara Fernández, Almudena García, Lola Gómez, Sara Marescot, Andrea Pazos, Paola Piñeiro, Paula Riveiro, Sara Villanueva e como reservas Alicia Laredo e María Maquieira representaron o equipo no Nacional.

Ademais do resultado na rutina de equipo, Andrea Pazos participou na categoría individual e no dúo con Paula Riveiro, finalizando en ambos os casos no posto 19.

Superada esta cita, o Club Galaico Sincro céntrase agora na súa última competición da tempada, o Campionato de España Alevín-Júnior que se celebrará do 11 ao 14 de xullo en Sabadell.