Experiencia internacional para os ciclistas do Froiz no Campionato de Europa de Ciclocrós

Pontevedra
06 de novembro 2022

Boas sensacións para os representantes españois no Campionato de Europa que se disputou esta fin de semana na cidade belga de Namur. De entre os 17 deportistas convocados pola Selección Española de Ciclocrós, catro deles forman parte do Grupo Deportivo Supermercados Froiz

Miguel Rodríguez no Europeo de Ciclocross de Namur Federación Española de Ciclismo

Boas sensacións para os representantes españois no Campionato de Europa que se disputou esta fin de semana na cidade belga de Namur.

De entre os 17 deportistas convocados pola Selección Española de Ciclocrós, catro deles forman parte do Grupo Deportivo Supermercados Froiz.

Na categoría sub-23 masculina, que se disputou na xornada matinal do sábado 5 de novembro, tomaron parte Gonzalo Inguanzo e Miguel Rodríguez, sendo o segundo o máis destacado de todo o combinado español cunha 25 praza.

Inguanzo, pola súa banda, realizou unha boa saída e chegou a colocarse primeiro nas curvas iniciais do curcuito, pero foi incapaz de manter o ritmo de cabeza e cedeu posicións ata finalizar a segunda volta co seu compañeiro Rodríguez sobre a posición 25.

Foi esa praza precisamente a que tentaron defender con uñas e dentes ata o final, conseguindo Miguel Rodríguez atravesar a liña de meta no posto 25 e con Inguanzo cedendo posicións para terminar 33.

Os outros dous españois da categoría, Raúl Mira e Javier Zaerra, finalizaron 44 e 48 nunha carreira na que o belga Verstrynge proclamouse campión.

Uxía Soto e Aroa Otero eran tamén as representantes do Froiz neste europeo, secundadas pola galega María Filgueiras e a vasca Nahia Arana na carreira junior feminina.

Nesta carreira, con todo, as mozas corredoras españolas viviron unha bonita experiencia internacional na que os resultados foron o de menos. María Filgueiras fíxose coa 36 praza, Aroa Otero foi 39, Nahia Arana chegou 40, e Uxía Soto, 43.

O combinado español masculino pechou a súa participación no Campionato de Europa de Ciclocrós este domingo 6 de novembro cun sexto posto do alacantino Felipe Orts, un 19 de Gorka Corres na carreira junior, unha 32 posición de Carlos Gámez, e un 37, 46 e 49 posto de Tomás Pombo, Hodei Muñoz e David Ivars, respectivamente.

Pola súa banda, María Módenes e a porriñesa Laura Mira, finalizaron en 31 e 32 praza nunha carreira sub23 feminina na que se coroou a neerlandesa Pieterse.