Salcedo abriu este domingo o ano de carreiras populares coa celebración da Carreira Pedestre de San Brais.
A XII edición da proba, que este ano contou coa participación de 400 persoas, deu o pistoletazo de saída ás 11:15 horas coa categoría Chupete (0-4 anos), despois foi a quenda dos pitufos (5-7 anos), benxamíns e alevíns (8-11 anos), infantís (12-13 anos) e cadetes e xuvenís (14-17 anos).
O colofón púxoo a carreira absoluta, onde os 138 rexistrados tiveron que percorrer unha distancia de 6.615 metros de trazado combinado con asfalto e pistas de terra, con saída e chegada no centro comercial Carrefour de Salcedo.
Diego Paz ocupou o primeiro posto do podio masculino despois de parar o cronómetro en 23:21, segundo foi José Antonio Santiago (23:39) e, terceiro, David Parada (24:28).
Pola súa banda, María Aurora González 'rouboulle' o primeiro posto a Marga Villaverde, gañadora na edición do ano pasado. González fixo un tempo de 27:52 e Villaverde de 28:21. Foron primeira e segunda respectivamente. O podio completouno Merchi Paz (30:38).
Consulta os resultados nesta ligazón