O Pontevedra Club de Fútbol puxo en marcha a maquinaria para planificar a próxima tempada, aínda que o fixera afastado dos focos.
Así o asegurou este venres o director xeneral granate, Marcos del Río, na rolda de prensa de presentación do campus de adestramento que levarán a cabo este verán, revelando que "se está traballando, pero de momento o traballo lévase de portas cara a dentro".
Del Río defendeu que "a actividade non cesou nin desde o día que terminou a liga ata hoxe", pero "simplemente non hai nada que anunciar de momento".
En canto ás primeiras xestións realizadas desde as oficians de Pasarón, o director xeral explicou que "se estivo liquidando a pasada tempada e se leva días traballando na nova", reiterando que "non hai nada que anunciar aínda".
Para concluír o responsable granate asegurou que "sabemos que a xente está desexosa de saber, comprendémolo, pero temos que ir anunciando a medida que haxa feitos confirmados".