Duro exame para o Pontevedra Club de Fútbol, que este domingo (17:00 horas) visita un dos campos máis difíciles da categoría, o Reino de León, para enfrontarse a unha Cultural Leonesa coa que está empatada a puntos na clasificación.
O choque preséntase como unha oportunidade para que os granates reivindiquen as súas aspiracións para pelexar polos postos de honra, ante un rival que pasa por contar cun dos planteis de maior potencial da categoría.
"Todos sabemos el potencial que tiene, para qué está hecho y aún por encima con el refuerzo con el que se ha hecho", recoñece Luismi facendo referencia á recente incorporación de Dioni por parte da Cultural. O dianteiro, que xa recibiu o tránsfer, está en disposición de debutar ante o Pontevedra sumando máis pólvora nos leoneses.
Con todo non se asustan os granates, que afrontan a cita con optimismo e agarrándose ao seu bo papel ata a data ante os equipos punteiros. "Se ha demostrado que los partidos contra los rivales de arriba hemos competido y dado la cara", afirma o técnico, que espera un duelo moi diferente ao da primeira volta, pensando ademais que a 'Cultu' afrontou un cambio de adestrador.
Os leoneses contarán coas baixas do extremo Liberto e o centrocampista Vicente por lesión.
O colexiado do encontro será o manchego Rubén Ruipérez Marín.
O REFORZO, CADA VEZ MÁIS PRETO
A comparecencia de Luismi previa ao desprazamento ligueiro ha deixado ademais a confirmación por parte do adestrador pontevedrés de que a fichaxe invernal esperada para cubrir o oco deixado pola lesión de Javi López está próximo.
"Hay movimientos que están más cerca", sinalou coa esperanza de que "para la semana podamos contar con él", sen ter que esperar aos últimos días do mercado invernal.