Eneko Zabaleta: "Me han pedido defender y me voy a centrar en eso"

Pontevedra
30 de xaneiro 2020

O novo lateral esquerdo do Pontevedra foi presentado de forma oficial este xoves en Pasarón xunto ao seu compañeiro José García despois da sesión de adestramento en Poio

Eneko Zabaleta adestrando co Pontevedra CF Cristina Saiz

Eneko Zabaleta, o novo lateral esquerdo do Pontevedra, foi presentado este xoves como xogador do conxunto granate. O defensor procedente do Tudelano estivo acompañado na rolda de prensa polo director deportivo, Roberto Feáns, e o seu compañeiro tamén recentemente chegado, José García, quen xa debutou co primeiro equipo pero non puido ser presentado por problemas administrativos que atrasaron a súa alta e que estiveron a piques de frustrar tamén o seu debut.

O principal labor de Zabaleta é frear a sangría defensiva dos de Pouso polo flanco esquerdo. "Me han pedido defender y me voy a centrar en eso", afirmou o recentemente chegado. A aposta decidida do adestrador e a dirección deportiva polo xogador resultou decisiva para que acabase aceptando a oferta. "Insistieron mucho en mí, pero también el proyecto de estar entre los cuatro primeros, no solo por estos meses también el año siguiente", matizou.

Sobre o seu estilo de xogo, o exfutbolista recoñece que "siempre he sido más lateral que extremo" a pesar de que "por circunstancias" no Areas de Getxo xogou en posicións máis avanzadas. Ao que non renega o biscaíño é á súa vocación ofensiva. "Cuando un jugador tira hacia arriba es lógico que le cueste defender, pero puedo defender igual que atacar", subliña.

É consciente Zabaleta de "esa presión de que no había nadie en esa posición e intentaré responder a la confianza que han puesto en mí", asegura o defensor que "non coñecía a ninguén e para ser o primeiro día atopeime coma se xa leva tempo".

Sobre a súa chegada, Feáns confirmou que asina polo que resta de tempada e unha máis. As razóns polas que se decantaron por Zabaleta céntranse en que "é nacional, viña de ter minutos e coñece a categoría", sinala o director deportivo.

Pola súa banda, José García recoñeceu sentirse moi a gusto nos seus primeiros minutos coa camiseta do Pontevedra a pesar de que o equipo perdía por tres a cero cando saltou ao terreo de xogo.  "Estoy contento por haer aportado movilidad, me sentí bien y el viaje ayuda a que me integre más rápido en el equipo, estoy muy a gusto", declarou.

Sobre el futbolista cedido polo Estremadura despois de concluír o seu préstamo no Atlético Baleares, Feáns destaca a súa versatilidade para moverse en todas as posicións da fronte de ataque. "Vén para achegar calidade, empuxe e personalidade ao equipo", dixo o directivo.