Eneko Zabaleta cambia o Pontevedra polo Arenas de Getxo

Pontevedra
19 de xuño 2024

Primeira saída confirmada no Pontevedra Club de Fútbol. Tras terminar a súa vinculación co club granate Eneko Zabaleta continuará a súa carreira no Arenas de Getxo da Segunda RFEF

Partido de liga entre Pontevedra e Covadonga en Pasarón Cristina Saiz

Primeira saída confirmada no Pontevedra Club de Fútbol. Tras terminar a súa vinculación co club granate Eneko Zabaleta continuará a súa carreira no Arenas de Getxo da Segunda RFEF.

A continuidade do lateral zurdo, con pouco protagonismo ao longo do último curso, non estaba nos plans do club granate.

Do mesmo xeito que en anteriores veráns, a confirmación da súa saída chega primeiro a través do seu próximo destino, un equipo no que xa militara catro tempadas entre os anos 2023 e 2017.

Zabaleta pon desta forma fin á súa segunda etapa como xogador do Pontevedra, tras un curso no que sumou 1.145 minutos sobre o terreo de xogo repartidos en 20 partidos, só 12 deles como titular.

A súa saída coloca como unha das prioridades para os granates no mercado de fichaxes reforzar o lateral zurso defensivo, un posto no que o último ano terminou por consolidarse como titutar o capitán Álex González tras atrasar a súa posición natural.