Sete meses despois e tras a suspensión do partido da primeira xornada por varios positivos en covid do equipo contrario, a liga regresou ao pavillón da Seca.
O Poio Pescamar tiña en fronte ao Roldán, que viña de empatar fronte ao Atlético e, tras as fichaxes realizadas este ano, antollábase un equipo para estar situado na zona alta da táboa durante esta tempada.
A calidade nas filas de ambos os equipos demostrouse desde que soou o asubío inicial. Con presión en tres cuartos de cancha comezaron ambos os conxuntos. As accións das porteiras, Caridad e Cristina, impediron que se movese o marcador nun primeiro cuarto de partido competido.
O punto de inflexión chegou no momento no que o Roldán alcanzou as cinco faltas a sete minutos do descanso. Foi desde os dez metros cando chegou o primeiro gol do partido. Dani Sousa adiantou ao Poio Pescamar a falta de cinco minutos para que finalizase a primeira metade. O lanzamento tivo que repetirse porque a gardameta visitante tocou a liña e parou o tiro da vermella, pero na segunda oportunidade enviou o balón á rede e puxo o 1-0 no luminoso.
Tras iso, o Poio cometeu tamén quinta falta e o Roldán acariñaba o empate nun remate ao lateral do pau de Lola. Andrea puido igualar antes do paso polos vestiarios nun dez metros potente pero marchouse fóra e, acto seguido, Sousa obrigou a Cristina a intervir no momento no que soou a bucina.
A escasos segundos da continuación, nun roubo de balón e en rápida acción ofensiva, Ángela igualaba o partido tras unha parede con Lola. Pouco despois o Poio quedaba cunha menos. Por unha man fose da área, Caridad foi amoestada con cartolina vermella, permitindo ao conxunto murciano dispoñer de superioridade numérica.
A pesar de xogar cunha menos, as pupilas de Manu Cossío souberon sobrepoñerse. O equilibrio era a tónica dun partido onde parecía que o Roldán faríase coa vitoria, pero a debutante Iria Varela mantívose firme baixo paus e salvou ás súas.
A tres minutos do final, nunha rápida acción ofensiva, Noelia gañou liña de fondo e silvió ao corazón da área para que Mariángeles anotase o 1-2 pero, a menos de dous minutos do final e co xogo de cinco na cancha, as rojillas aproveitaron unha contra. Luci hablitió a Agostina cara á dereita para superar de derechazo cruzado a Cristina e poñer o 2-2 co que concluíu o partido.
Poio Pescamar (2): Caridad; Luci Gómez, Dani Sousa, Cárol e Ana Rivera (quinteto inicial). Tamén xogaron, Julia Dupuy, Antía, Mirian, Agostina, Iraia, Irene García e Iria Varela (segunda porteira).
Roldán (2): Cristina; Noelia Montoro, Ángela, Mariángeles e Lola. (cinco inicial). Tamén xogaron, Consolo, Alba Gandía, Mayte Mateo, Marta Pelegrín e Andrea.
Incidencias: Pavillón da Seca, Poio. A porta pechada.
Árbitros: Carreira Romero e Martínez Torres do colexio galego. Amoestaron a Alba Gandía, Cristina e Almudena no STV Roldán e Luci, Julia, Dani Sousa, Clara e Caridad (vermella minuto 22) no Poio Pescamar.
Goles: 1-0, min. 15 Dani Sousa. 1-1, min. 21 Ángela. 1-2, min. 37 Mariángeles. 2-2, min. 39 Agostina.