Emotiva xornada de baloncesto para honrar a Maite Méndez

Pontevedra
15 de setembro 2024

O Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra foi o escenario este domingo do I Memorial Maite Méndez, un emotivo tributo a unha das figuras máis influentes do deporte pontevedrés. O Club Baloncesto Arxil quixo render tributo á que foi a súa adestradora e alma máter, reunindo a grandes equipos de España e Portugal nun torneo cheo de emoción

 

I Memorial Maite Méndez Cristina Saiz

O Pavillón Municipal dos Deportes de Pontevedra foi o escenario este domingo do I Memorial Maite Méndez, un emotivo tributo a unha das figuras máis influentes do deporte pontevedrés. O Club Baloncesto Arxil quixo render tributo á que foi a súa adestradora e alma máter, reunindo a grandes equipos de España e Portugal nun torneo cheo de emoción.

O torneo contou coa participación do Perfumerías Avenida de Salamanca, múltiple campión da Liga Feminina e cunha Euroliga no seu palmarés, así como do Ensino de Lugo, outro equipo relevante na máxima categoría do baloncesto feminino nacional. Tamén participaron o Club Baloncesto Arxil e o AD Sanjoanense de Portugal.

O evento comezou ás 16:00 horas co enfrontamento entre o Arxil e o Sanjoanense, seguido polo emocionante duelo entre o Perfumerías Avenida e o Ensino de Lugo. Entre ambos os dous partidos chegou o momemto máis especial da xornada, coas xogadoras do equipo pontevedrés lucindo camisetas co número 14 en honra a Maite, e unha imaxe de Mafalda acompañada da frase "Aquí no se rinde nadie".

O próximo seguinte fin de semana, o día 21, virá a Pontevedra o Spar Gran Canaria (19.30 no CGTD) e o domingo xogarán Gran Canaria e Celta.