Eliminatoria final para o ascenso a Segunda B: o Haro Deportivo impónse 1-0 ao Pontevedra

Pontevedra
21 de xuño 2015
Actualizado: 20:02

Pontevedra estivo este domingo máis pendente que nunca de La Rioja. Alí, o Pontevedra C.F. perdeu 1-0 ante o Haro Deportivo no campo Municipal El Mazo, dende onde o xornalista de PontevedraViva Ramiro Espiño trasladará aos pontevedreses a crónica do partido. Acompañan ao equipo dous centenares de afeccionados granates

Aquí se xoga o Pontevedra o partido de ida da eliminatoria final polo ascenso a Segunda B PontevedraViva

Pontevedra esivo este domingo máis pendente que nunca de La Rioja. Alí, o Pontevedra C.F. xogou o partido contra o Haro Deportivo no campo Municipal El Mazo, dende onde o xornalista de PontevedraViva Ramiro Espiño trasladará aos pontevedreses a crónica do partido. Dous centenares de afeccionados granates acompañan ao club

O partido de ida da eliminatoria final polo ascenso a Segunda División B tivo un mal final para o Pontevedra. O marcador rematou 1-0 a favor do Haro Deportivo. Agora será determinante o pase de volta en Pasarón.

Os granates intentaron sen éxito arrancar un bo resultado e romper a seca goleadora a domicilio que os lastrou ata agora nesta decisiva fase. E non o terán doado. Os rioxanos chegbaan co aval de ter deixado atrás outros dous campións de grupo, como o Caudal Deportivo e moi especialmente o CD Castelló, un dos cocos da categoría, en ambos os dous casos ao impoñerse nas quendas de penaltis, o que fala dun conxunto competitivo e que resiste perfectamente a presión nos partidos decisivos.

Para dirixir o choque foi designado o colexiado Francisco Crespo Puente (Cantabria), auxiliado nas bandas por Alejandro Díaz Salces e Cristian Pérez Oruña. O Pontevedra chegou con importantes baixas nas súas filas. Son Jacobo e Kevin Presa os sancionados, mentres Bruno é a única baixa segura por lesión, se ben Luisito ten unha ampla "nómina" de dúbidas polos problemas físicos que arrastran Pablo Carnero, Jorge e Tubo, ademais da falta de ritmo de Adrián e Benja, que saen de senllas lesións.

Estas son las alineacións do partido:

CLUB HARO DEPORTIVO: Pérez; Zabala, Pirri, Txejo, Liéban; López, Arpón, Viola, Suárez, Dani Gómez e Olavarrieta.

PONTEVEDRA CF: Edu, Campillo, Pablo, Capi, Anxo; Tubo, Pedro García, Fran Fandiño, Mouriño, Centrón e Jorge.