Elena Andreu vestirá unha tempada máis a camiseta do Club Bádminton Ravachol Pontevedra. A xogadora catalá continuará no primeiro equipo despois dunha gran tempada, na que ademais de ser unha peza fundamental no ascenso a Primeira Nacional, logrou a clasificación para os tres grandes eventos do 2018, o europeo de Estonia, o mundial de Canadá e os Xogos Olímpicos da mocidade, en Argentina.
A actual campioa de España junior e subcampioa absoluta afronta este novo reto nunha liga que xa coñece, á beira dun equipo de primeiro nivel, que agora si aspira a gañalo todo.
A esta noticia súmase a fichaxe de Cristina González, xogadora internacional por Cuba con ampla experiencia na liga española, despois de pasar por clubs como o Fuenlabrada ou o Astures. González, especialista nas modalidades de dobres, chega para reforzar o plantel na parte feminina.