Ekaterina Rebón baña en prata o Número Phi no Open de Bélxica de taekwondo

Umia
19 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

Roi Fraga tamén representou o club caldense en Bélxica, aínda que con menor fortuna no seu resultado final

Katy Rebón Fedorova e Roi Fraga, tras competir no Open Internacional de Bélxica Club Número Phi

O Club Número Phi de Caldas de Reis celebra os resultados conseguidos polos seus deportistas no Open Internacional de Bélxica de Taekwondo.

Especialmente destacado foi o torneo protagonizado por Katy Rebón Fedorova, volvendo á competición a un gran nivel tras un ano parada por lesión.

Rebón levou a medalla de prata no seu peso grazas aos combates que gañou fronte ás representantes de Luxemburgo, dúas de Polonia e Francia, cedendo soamente na final nun apertado enfrontamento contra a representante italiana.

Pola súa banda Roi Fraga, que debutaba a nivel internacional en categoría júnior, superou o primeiro combate ante un deportista suízo e caeu no segundo contra un taekwondista británico que lle apartou da loita polas medallas.

"Estamos moi contentos coa evolución e o resultado. Hai detalles que puír, e necesitamos ser máis ambiciosos. O traballo está aí e a calidade tamén. Agora só fai falta crérnolo un pouco máis", valorou tras o Open de Béliga a directora do Número Phi, Lúa Piñeiro.