Edu Sousa ve "clave" manter un bo grupo no Pontevedra ante unha 2ªB que "está poco a poco subiendo el nivel"

Pontevedra
17 de xuño 2019

O capitán granate presentou este luns o Campus Keeper Camp Azero Ciudad de Pontevedra e, en plenas vacacións, repasou a actualidade do equipo desexando que se forme un grupo implicado no que "la gente que se quede lo haga al 100% y la que venga esté convencida de venir"

Edu Sousa adestrando co Pontevedra na Xunqueira Mónica Patxot

Unhas semanas de vacacións bastaron a Edu Sousa, que recoñece xa ter ganas "de volver a entrenar, de volver a ponerme los guantes" e iniciar unha nova tempada deportiva porque "está bien para descansar la mente, pero a mí con dos o tres semanas me llegan", asegura.

O capitán granate presentou este luns o Campus Keeper Camp Azero Cidade de Pontevedra e, en plenas vacacións, repasou a actualidade do Pontevedra Club de Fútbol desexando que se forme un grupo implicado.

Esa, asegura, será unha das claves para realizar un bo ano, "que la gente que venga sobre todo venga con la idea y el chip de hacer grupo antes que otras cosas", xa que a unión do vestiario foi a que impulsou a pasada campaña ao Pontevedra, defende.

"Deseo que la gente que se quede lo haga al 100% y la que venga esté covencida de venir", explicou Edu preguntado sobre as renovacións que están nestes momentos negociándose e confiando en que cheguen a bo porto a maioría delas.

O gardameta granate valorou ademais a situación actual da Segunda División B, unha categoría que "poco a poco subiendo el nivel y subiendo sobre todo la importancia a nivel nacional". Tanto é así que, á espera de coñecer a composición exacta, o Grupo I no que habitualmente están encadrados os equipos galegos "va a ser muy complicado", xa que "tiene ahora mismo a 17 equipos que pueden aspirar a todo, los que estábamos, los que bajaron, los que subieron..." sinalou o capitán do conxunto pontevedrés, aínda que "luego echas la vista al grupo IV y es brutal también", con equipos como Córdoba, Melilla, Recreativo, UCAM, Cartagena, Bajadoz ou Murcia que "van a conformar plantillas lo suficientemente potentes para que la liga sea muy competitiva".

"Estoy siguiendo los play-off y el aforo de gente que va a los campos ya te habla de la importancia que está cogiendo la categoría", concluíu o seteiro, que mentres non chega a pretempada aproveitará para descansar e tamén en participar en iniciativas como o campus específico para porteiros que se celebrará na Cidade Infantil de Príncipe Felipe.