Dobrete de Antía e de Ana Rivera para dar a vitoria ao Poio Pescamar un mes despois (4-1)

Poio
10 de abril 2021

Un mes tardou o Poio Pescamar en reencontrarse coa vitoria e fíxoo da mellor maneira, con goleada por 4-1 ao Móstoles. Con estes tres puntos, as conserveiras métense de cheo na loita por meterse nos postos polo play-off

Partido entre o Poio Pescamar e Móstoles na Seca Cristina Saiz

Un mes tardou o Poio Pescamar en reencontrarse coa vitoria e fíxoo da mellor maneira, con goleada por 4-1 ao Móstoles. Con estes tres puntos, as conserveiras métense de cheo na loita por meterse nos postos polo play-off.

Sufriu durante os primeiros instantes de xogo o equipo vermello, que se salvaba do gol madrileño grazas á chegada de Dani Sousa, que aparecía baixo paus.

O duelo estaba a ser un desgaste físico para ambos os equipos, que xeraban perigo nas áreas de Silvia e de Caridad, que se tiñan que empregar a fondo para evitar o tanto.

Tardou nove minutos en adiantarse o Poio. Ana Rivera roubo de balón a Inma en primeira liña de presión e, sen oposición, anotou o 1-0 desde a frontal da área. Pouco despois puido empatar o Móstoles cunha dobre ocasión de Celia e Shiori, pero Caridad, moi segura baixo paus, impediu o gol.

O segundo gol das rojillas chegou a seis minutos do descanso. Esta vez, Antía a pase ao segundo pau de Julia Dupuy, culminou o ataque para ampliar a renda. Tentaron reaccionar as madrileñas, pero as de Manu Cossío mostráronse moi seguras para, nos compases finais en xogada de estratexia, Chiesa cedeu a Antía, que sacou un disparo afastado que se coou na portería de Silvia.

Pouco despois do paso polos vestiarios, volvía aparecer Ana Rivera para superar a Silvia tras un centro perfecto de Miriam e colocaba o 4-0.

Con todo perdido, o Móstoles cambiou a xogo de cinco e no seu primeiro ataque recortou distancias co gol de Shiori, que finalizou dentro da área. Deu un paso adiante o conxunto madrileño, que seguiu gozando de ocasións pero sen xerar excesivo perigo na portería dun Poio que non sufría e que lograba a súa primeira vitoria da segunda fase ligueira.

POIO PESCAMAR (4): Caridad; Miriam, Ana Rivera, Luci e Antía (cinco inicial). Tamén xogaron, Chiesa, Dupuy, Clara, Dani Sousa e Silvia Aguete (segunda porteira).

MÓSTOLES (1): Silvia; Patri Chamorro, Celia, Inma e Benete (quinteto inicial). Tamén xogaron, Shiori.

Goles: 1-0, min. 9 Ana Rivera. 2-0, min. 14 Antía. 3-0, min. 20 Antía. 4-0, min. 23 Ana Rivera. 4-1, min. 24 Shiori.

Incidencias: Pavillón A Seca. Os árbitros Carreira Romero e Ferrero Carballal amoestaron a Dani Sousa no Poio Pescamar e Shiori no Móstoles.