O Complexo Deportivo Rías do Sur de Ponte Muíños será escenario dúas semanas consecutivas de importantes eventos para a natación galega.
Ambas as dúas citas, que foron presentadas oficialmente este mércores, son a fase territorial da Copa de España de Clubs de Natación e o Campionato Galego de Longa Distancia.
Na primeira delas, que se celebrará el sábado 30 de novembro e o domingo 1 de decembro.
Competirán en Pontevedra "sobre 320 nadadores de 18 clubs, todos os de Galicia de 2ª División", explicou o presidente da Federación Galega de Natación, Juan Carlos Brión.
Unha competición que afronta con moitas ganas o Club Natación Galaico, e é que "fixemos un cambio moi importante no equipo a nivel técnico e hai moitas expectativas", afirmou o presidente do club, Alberto Castro.
Na presentación dos campionatos estaban tamén a concelleira de Deportes, Anabel Gulías, o vicepresidente provincial Rafa Domínguez e o presidente da Fundación Rías Do Sur, Serafín Piñeiro.
A primeira fin de semana suporá todo un desafío organizativo, e é que no descanso desta competición disputarase ás 14.00 horas o partido de Primeira Nacional Feminina de Waterpolo entre o Waterpolo Pontevedra e Colegio Brains.
Tras el chegará, o sábado 7 de decembro o Campionato Galego de Longa Distancia, un campionato "moi especial porque é como unha travesía na piscina".