Dobre billete europeo para Tono Campos e Diego Romero no Campionato de España Piragüismo Maratón

10 de xuño 2024

O encoro de Castrelo de Miño foi escenario a fin de semana dun Campionato de España de Piragüismo Maratón que era ademais clasificatorio para o próximo Campionato de Europa da especialidade

Tono Campo e Diego Romero, no Campionato de España de Inverno Federación Galega de Piragüismo

O encoro de Castrelo de Miño foi escenario a fin de semana do Campionato de España de Piragüismo Maratón, que era ademais clasificatorio para o próximo Campionato de Europa da especialidade, xa que os dous primeiros clasificados en cada categoría obtiñan o pase directo á competición continental.

Dous dos nomes propios da competición foron Tono Campos e Diego Romero, do Breogán do Grove, na canoa, e é que ambos os dous foron primeiro e segundo clasificado na proba individual con Campos como campión nacional e Romero segundo e xuntos no C-2 levaron o triunfo por diante de Fernando Busto e Diego Miguéns (As Torres) e de Óscar Graña e David Barreiro.

Ademais Tania Álvarez (Breogán), venceu na canoa feminina por diante de Arantza Toledo e Irati Osa.

Na categoría sub-23 pola súa banda, Noa Franco (E.P. Ciudad de Pontevedra) conseguiu a primeira posición, seguida de Anna Gorinsky do Fluvial de Lugo e Noelia Sánchez, o mesmo que no K-1 o pontevedrés Joaquín Iglesias (Rías Baixas), que ademais foi terceiro no K-2 xunto ao seu compañeiro Adrián Prada.

Por último Alexandre Baliñas Villa (Club Naval de Pontevedra) asinou un terceiro posto na categoría cadete, do mesmo xeito que Antonio Silva (Breogán) en idade xuvenil.