A falta de que a Comisión Delegada da Federación Española de Balonmán confirme o ascenso do Club Cisne á Liga Asobal, os pontevedreses traballan xa en cumprir os requisitos económicos que supoñerá o reto de competir por primeira vez na súa historia na máxima categoría.
Cun orzamento que roldaba esta campaña na División de Honra Prata os 220.000 euros, o Cisne calcula que deberá case dobrar esta cifra se pretende saír en Asobal. "Calculamos que nos harán falta 420.0000 o 425.000 euros", recoñece o seu presidente Santi Picallo.
Isto débese por unha banda ao ingreso da cota de participación, que estiman estará situada sobre os 60.000 euros, e que será obrigatorio formalizar unha serie de contratos profesionais aos xogadores, dos que ata o de agora carecían. En concreto a entidade deportiva deberá contratar a tempo completo a un mínimo de 7 xogadores e de maneira parcial a 5, o que disparará os custos do seu plantel.
"La idea es hacer todo lo posible por jugar y disfrutarlo", confirma o dirixente sobre as intencións de consumar o ascenso, pero sempre cos pés no chan para "no morir de éxito bajo ningún concepto. Vamos a mantener lo que tenemos abajo e intentar jugar con todos nuestros jugadores arriba", explica Picallo.
A súa intención por tanto pechadas as renovacións xa do adestrador, Jabato, e do seu axudante, pasa por competir en Asobal coa mesma nómina de xogadores que lideraron o curso en Prata ata o momento da suspensión, no que predominan os xogadores pontevedreses e con importante peso da súa canteira.
"Eso implica que tengas menos posibilidades que otros equipos", recoñece Santi Picallo, pero a filosofía do club non se toca.
O que si variará por obrigación no caso de ascender é a cancha de xogo, deixando o Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) para mudarse ao Pavillón Municipal dos Deportes. "En el CGTD no podemos jugar. Con la pista azul hay que jugar todos los partidos, es obligatorio", confirma o presidente cisneista, que tamén alude a unha "cuestión de aforo" e que espera ademais "poder adestrar allí".
Entre os moitos aspectos nos que traballa xa o Cisne está á súa vez o tentar pechar a filialidade cun equipo de Primeira Nacional para dar saída a opción a xogar aos homes que menos minutos acumularon o último curso e tamén aos mozos que subirán desde a categoría xuvenil, coa intención de recorrer a eles para o primeiro equipo no caso de que fose necesario.