Diego Seoane pon voz ao bo momento do Pontevedra: "Este ano estoume divertindo como un anano"

Pontevedra
13 de xaneiro 2022

O lateral granate, titular en todos os encontros no que vai de campaña, foi elixido como mellor xogador do equipo do mes de decembro. "Estou a gozar moito", asegura

Diego Seoane, no partido de liga en Pasarón entre Pontevedra e Navalcarnero Cristina Saiz

Está a ser un dos xogadores máis regulares esta campaña, como demostra o feito de que fose titular en cada un dos 17 encontros de liga disputados, E non só iso, o seu nivel levoulle a ser elixido o mellor home do Pontevedra Club de Fútbol durante o pasado mes de decembro.

Diego Seoane está a atoparse na entidade granate como na súa propia casa, e de feito resume o sentir dun grupo que camiña con paso firme "nunha boa dinámica" e coa moral "moi alta".

"A verdade é que este ano me estou divertindo como un anano", asegura o lateral.

"O equipo xoga moi ben, ten moita calidade por dentro. Para a xente de fóra libéranos máis e estou a gozar", sinala sobre o seu protagonismo no esquema que propón un adestrador que "está como tolo por que ataquemos, para ternos posicionados moi arriba, en ataque".

Nesta situación Seoane non quere nin sequera pensar no actual líder, o Unión  Adarve, xa que "temos que mirar para nós, puntuar de tres en tres porque é o que nos vai a dar chegar a ese primeiro posto. Seguro que chegaremos".