A xornada deste mércores 11 de marzo foi especial para un grupo de alumnos de Primaria do CEIP Parada-Campañó.
Nas últimas datas viñéronse recuperando as visitas de xogadores do Pontevedra Club de Fútbol a centros escolares do municipio e da comarca, nas que afán repartir entradas e compartir as súas experiencias cos e as pequenas.
Con todo nesta ocasión foi ao revés, e foron os alumnnos os que saíron do seu centro para vivir desde dentro o día a día do principal club de fútbol da cidade.

Desta forma os escolares puideron coñecer as entrañas do Estadio Municipal de Pasarón, achegáronse ao céspede do campo pontevedrés e até se deron un paseo pola sala de prensa, na que puideron imaxinarse como sería dedicarse ao xornalismo deportivo.
Aínda por riba, tamén estiveron na Xunqueira vivindo en directo o adestramento do primeiro plantel granate.
Unha visita escolar 2.0 e un día seguro que difícil de esquecer para os alumnos do CEIP Parada-Campañó.