Derrota do Teucro ante un superior Barça B (21-34)

Pontevedra
07 de febreiro 2021

Segunda derrota do ano para a Sociedade Deportiva Teucro, que non puido facer nada para sacar un bo resultado da visita do líder de División Honra Prata ao Pavillón Municipal, o Barça B. Un reto complicado ante un equipo que só perdera dous partidos dos disputados ata o momento e que demostrou a súa calidade de líder desde o minuto uno

Partido entre o Teucro e o Barça B no Pavillón Municipal Cristina Saiz

Segunda derrota do ano para a Sociedade Deportiva Teucro, que non puido facer nada para sacar un bo resultado da visita do líder de División Honra Prata ao Pavillón Municipal, o Barça B. Un reto complicado ante un equipo que só perdera dous partidos dos disputados ata o momento e que demostrou a súa calidade de líder desde o minuto uno.

Custoulle entrar no partido ao Teucro, que non foi capaz de inaugurar o marcador ata pasados os catro minutos por parte de Víctor Deco, momento no que o conxunto catalán xa levaba unha vantaxe de catro goles.

Co marcador en 1-5 pediu tempo morto Irene Vilaboa, atopando a reacción nos seus, que recortaron diferenzas cos goles de Remeseiro e Samu Pereiro. Apareceu a figura de Jordi González en defensa, que se fixo grande baixo paus para frustrar os ataques teucristas mentres a efectividade culé en ataque empezaba a abrir unha renda difícil de reducir (min. 15, 6-12).

Non foi capaz de aproveitar a superioridade numérica a Sociedade Deportiva Teucro tras as exclusión de Bruno Reguart e chegaron os minutos máis igualados do partido, onde cada gol marcado polo Barça era respondido por un Miguel Sío moi acertado en ataque (min. 20, 9-15).

Nese momento acabáronse os bos minutos dos locais, que no canto de reducir desvantaxe atopáronse cunha diferenza de 9 goles que se facía demasiado grande ao chegar ao descanso (12-21).

Tras o paso polos vestiarios o Teucro non viu resposta, todo o contrario. Tardou algo máis de 8 minutos en atoparse co gol nesta segunda metade. Víctor Deco apareceu para poñer fin á seca goleadora pero o Barça xa endosara un parcial de 4 goles imposible de remontar (13-25).

Volveron reducir diferenzas a 9 goles cun  Fede  Wermbter moi activo en defensa e Ricardo González acertando nos seus lanzamentos pero a reacción chegara tarde (20-29).

Bruno Reguart puxo fin aos tres ataques sen anotar do Barça, deixando tocado a un Teucro que non puido facer máis que ver como os últimos minutos foron de dominio blaugrana onde anotaron un parcial de 1-5 que sentenciou o encontro (21-34).

Consulta as estatísticas do partido entre a Sociedade Deportiva Teucro e o Barça B