Derrota do Bádminton Ravachol por 0-7 fronte a un dos candidatos ao título, o Oviedo

Pontevedra
20 de setembro 2020

O Club Bádminton Ravachol Pontevedra xogou esta fin de semana no Centro Galego de Tecnificación Deportiva fronte a un dos candidatos ao título, o Bádminton Oviedo. O club de Pontevedra afrontaba a súa segunda xornada en División de Honra coa ausencia dos ingleses recentemente fichados, David King e Luke Pearce

Partido entre o Club Bádminton Ravachol e o Bádminton Oviedo Cristina Saiz

O Club Bádminton Ravachol Pontevedra estreábase esta fin de semana no Centro Galego de Tecnificación Deportiva fronte a un dos candidatos ao título, o Bádminton Oviedo. O club de Pontevedra afrontaba a súa segunda xornada en División de Honra coa ausencia dos ingleses recentemente fichados, David King e Luke Pearce. Aínda así, saíron á pista en busca dunha primeira vitoria vital para a permanencia despois de caer fronte ao San Fernando na xornada pasada.

O encontro comezou ás 17:30 co dobres mixto entre Gabriel Fernández e Raquel Miguens. Os seus rivais foron Alberto Zapico e Claudia Leal, que demostraron a súa experiencia na categoría e levaron o duelo por 9-21 e 10-21, sumando o primeiro punto para o Oviedo.

En dobres masculino, Manuel Brea e Alejandro Nogueira enfrontáronse a Alberto Zapico e Iván Villanueva. Aínda que o segundo xogo estivo máis igualado, finalmente o marcador subiu a favor dos visitantes que venceron por 13-21 e 18-21.

Ana Carbón e Ania Setién foron as encargadas de disputar o dobres feminino #ante Claudia Leal e Lorena Usle. As de Pontevedra puxéronllo dificil ao seu rival en ambos os xogos pero finalmente caeron por 22-24 e 18-21, o que supuxo o terceiro punto para o equipo asturiano.

Co 0-3 no marcador global, Ania Setién volveu á pista para demostrar o seu nivel contra a ucraína Khrystyna Dzhanhobecova. Aínda que a española fíxose co primeiro xogo por 21-14, Dzhanhobecova gañou os dous restantes (20-22, 16-21), sumando un novo tanto ao resultado global.

O partido xa estaba decantado a favor do visitantes pero aínda faltaban tres partidos por disputarse, dous individuais masculino e un individual feminino.

Manuel Brea enfrontouse a Uriel Canjura e, aínda que o do Ravachol fíxose co segundo xogo, os dous restantes foron para o xogador do Oviedo (15-21, 21-12 e 9-21). Pola súa banda, Gabriel Fernández caeu ante Álvaro Leal por 9-21 e 16-21 e, por último, Ana Carbón non foi capaz de sumar o punto final para os seus e perdeu ante Lorena Usle cun dobre 18-21 que puxo o 0-7 final.