Derik Osede, un máis no día a día do Pontevedra

Pontevedra
18 de outubro 2022

O central, que permaneceu a proba durante a pretempada do equipo granate pero que finalmente non foi inscrito, exercítase co primeiro plantel para manter a forma á espera de que xurda algunha oportunidade de poder reengancharse ao fútbol profesional

Derik Osede (centro) no adestramento do Pontevedra na Xunqueira o martes 18 de outubro PontevedraViva

Chegou a Pontevedra coa intención de recuperar o seu mellor nivel tras unha grave lesión, pero a pesar de xa non arrastrar esa doenza Derik Osede non terminou de convencer ao corpo técnico e á directiva, descartándose a súa fichaxe.

A incorporación de Luís Martínez deixoulle sen ficha na entidade granate, e sen tempo para atopar acomodo noutro club nas últimas horas do mercado.  

Dous meses e medios despois daquilo, o central de 29 anos é un máis no día a día do Pontevedra, con quen se exercita habitualmente para non perder a forma á espera de que xurda algunha opción de reengancharse ao fútbol profesional.

Derik adestra como uno máis ás ordes de Antonio Fernández, anima aos seus compañeiros e fai grupo, aspecto moi valorado no club granate.

Cabe lembrar que o defensor aterrou en Pontevedra no verán tras pasar un ano en branco no Alcoyano, entidade á que chegou desde o Deportivo, onde na tempada 20-21 sufriu unha grave lesión coa rotura do tendón de aquiles. Agora busca unha nova oportunidade, que vista a súa intensidade nas sesións dos da Boa Vila seguro chegará no próximo mercado invernal.