Definida a Copa Galicia de fútbol sala, coa súa fase final prevista en Marín

Marín
05 de agosto 2021

O pavillón marinense da Raña acollerá as finais tanto masculina como feminina da competición autonómica o 17 de maio, segundo confirmou a Real Federación Galega de Fútbol

Cadro feminino da Copa Galicia 21-22 de fútbol sala Real Federación Galega de Fútbol

O pavillón marinense da Raña será escenario das finais, tanto masculina como feminina, da Copa Galicia de fútbol sala.

Así o confirmou este xoves a Real Federación Galega de Fútbol tras publicar o resultado do sorteo de competición. Segundo o organismo reitor do fútbol autonómico, esas finais terán lugar o 17 de maio de 2022.

A Copa Galicia en todo caso dará comezo xa o 4 e 5 de setembro coas primeiras eliminatorias de ambos os dous cadros, destacando o encontro entre o Marín Futsal e o Cidade de Pontevedra na fase previa feminina.

O vencedor deste encontro enfrontarase despois nos cuartos de final ao Poio Pescamar.

En total participarán no torneo 12 equipos femininos e outros 33 masculinos.