Pasarón vivirá este domingo a partir das 17:00 horas uno dos duelos máis importantes da tempada. Pontevedra CF (primeiro con 49 puntos) e Zamora CF (terceiro con 46) veranse as caras por segunda vez esta campaña nun partido no que todo pode pasar.
Si que é verdade que o aínda queda liga por diante e non é un partido "definitivo", destacou o mediocampista do Zamora e ex-granate, Carlos Ramos, que afirmou que a situación de Víctor de Aldama "foi un golpe duro para a persoal" pero "o equipo xa está mentalizado para o partido contra o Pontevedra".
Neste sentido, Ramos asegurou que na ida "foron moi superiores, pasáronnos por encima.Agora é mellor equipo, pero o Zamora tamén, estamos máis unidos, temos as cousas máis claras, aprendemos dos erros dese partido. Imos con cero medos, sabendo o que nos xogamos, que é importante pero non definitivo. Non hai ganas de desquite pero si de demostrar que non estamos tan lonxe".
No caso do seu adestrador David Movilla, explicou que o Pontevedra "demostrou na ida a diferenza que había" e fixo fincapé na superioridade de equipo granate na súa casa, cunha media "de tres goles a favor e medio en contra. Só perdeu na primeira xornada e a día de hoxe gañaríano, porque agora son mellor equipo. Ademais, empatou ante o Racing a cero".
O técnico zamorano tamén quixo destacar a reacción dos pupilos de Yago Iglesias a pasada xornada ante o Coruxo, na que empezaron perdendo pero enseguida voltearon o resultado.
"É un equipo que golea, non só gana. A superioridade do Pontevedra non o verbalizo eu, dio a clasificación, o orzamento, dio o partido de ida na que nos pasaron por encima, dino todos os equipos da categoría, é o equipo máis goleador, dino todos os directores deportivos, dio besoccer co big data que lle dá un 76 por cento de opcións de acabar primeiro, polo 10 por cento que nos dá a nós. Dino todos os datos. E insisto que tamén quedou patente na ida, onde todos os xogadores e o adestrador demostraron ser moi superiores a nós", engadiu.
Ante esta situación, Movilla dixo que afrontan o partido "coa idea de facer algo diferente para reducir a diferenza porque na ida pintáronnos a cara. Ese é o reto que temos. Que non soe a resignación, porque non o é".
Finalmente, engadiu que "manter o ritmo do Pontevedra é complicado, pero ata o de agora estámolo conseguindo. A ver se o conseguimos ata abril e maio. O que teño claro é que o feito de que ao 22 de febreiro esteamos a un partido deles fala moi ben destes mozos".