Dapena, ouro no Galego de distancia sprint de Pontevedra e bronce para Saleta Castro

Pontevedra
25 de agosto 2019

Máis de 550 atletas forman parte do Campionato Galego de Tríatlon e na novena edición do Trofeo Cidade de Pontevedra, 160 dos cales con licenza profesional

Décima novena edición do Trofeo Cidade de Pontevedra e Campionato Galego de Tríatlon Diego Torrado

Este sábado disputouse na casa o Campionato Galego de Tríatlon e a novena edición do Trofeo Cidade de Pontevedra, converténdose, así e unha vez máis, no berce deportivo desta modalidade

A proba recibiu a mais de 550 atletas, 160 dos cales con licenza profesional. Entre eles, tomaron parte os pontevedreses Pablo Dapena, Saleta Castro e Susana Rodríguez Gacio, entre moitos outros. Aínda que Javi Gómez Noya non participou na mesma, non faltou á cita, mais, nesta ocasión, como espectador.

As inmediacións da Ponte dos Tirantes foron, de novo, o lugar tanto de  reunón dos participantes como de competición, para a que se trazou un percorrido ao longo da zona do Campus Universitario e a avenida Uruguai, onde se situaba a liña de meta. Así mesmo, unha das novidades da cita foi a localización da primeira das transicións, que, nesta ocasión, realizouse na mencionada ponte.

O percorrido consistiu en 750 metros de natación, seguidos por 20 quilómetros de bici, ou o que é o mesmo, catro voltas ao mesmo; e, finalmente, 5 Km de carreira a pé (dúas voltas).

A competición de categoría elite comezaron ás 18:15 coa proba feminina, na que Saleta Castro finalizou nunha merecida terceira praza (1:07:16), conseguindo, desta maneira, facerse un oco de bronce no podio. Foi superada por Anneke Forrest, do Cidade de Lugo Fluvial, que levou o ouro, e por  oselyn Brea, que se fixo coa prata.

A continuación, foi a quenda do grupo masculino. Como era de esperar, Dapena fíxose coa proba e subiuse ao banzo máis alto do podio. Cun tempo de 00:56:43, o pontevedrés conseguiu o ouro do Gallego, proclamándose mellor triatleta autonómico, seguido por Antón Ruanova e Alejandro Álvarez.