Daniela Suárez, do Galaico Sincro, convocada pola Selección Española Infantil

Pontevedra
16 de xullo 2022

A nova nadadora do Galaico Sincro Daniela Suárez, foi seleccionada pola Selección Española de natación artística para disputar o Campionato de Europa Infantil que se celebrará na localidade francesa de Monteceau Les Mines do 28 ao 31 de xullo

Daniela Suárez, nadadora do Galaico Sincro Galaico Sincro

A nova nadadora do Galaico Sincro Daniela Suárez, foi seleccionada pola Selección Española de natación artística para viaxar a Francia e disputar o Campionato de Europa.

A cita, de categoría infantil, terá lugar na localidade francesa de Monteceau Les Mines do 28 ao 31 de xullo.

A pontevedresa, que agora ten 14 anos, leva desde os 4 no Galaico Sincro e é agora cando se enfronta a "un dos maiores soños para un deportista, como é representar ao seu país no equipo nacional", destacan desde o club.

Xunto a ela, formarán o equipo nacional Ariadna Benito, do Real Canoe; as nadadoras do CN Granollers, Erica Bosch, Carla Lorenzo, Aitana Navarro e Saioa Nogales; do CN Sabadell irán Xènia de la Puente, Anna Muñoz e Eneko Sánchez; do AD Sincro Retiro, Rocío Calle e Marina Sarmiento; e, finalmente, Isabel Shuang do CN Mataró.