Dani Sousa e Luci únense á lista de renovacións no Poio Pescamar

Poio
15 de xuño 2021

Paso importante na planificación da próxima tempada no conxunto conserveiro, ao asegurarse a continuidade de dúas das futbolistas con maior peso nos plans de Manu Cossío. Con elas son catro as xogadoras confirmadas

Luci, no partido entre o Poio Pescamar e Burela na Seca
Luci, no partido entre o Poio Pescamar e Burela na Seca / Cristina Saiz

Paso importante na planificación da próxima tempada no Poio Pescamar, ao asegurarse a continuidade de dúas das futbolistas con maior peso nos  esquamas de Manu Cossío o último curso.

Trátase de Dani Sousa e Luci, que seguirán vinculadas ao conxunto conserveiro unha tempada máis.

No caso da primeira, cumprirá así a súa cuarta campaña na Seca, onde se confirmou como unha das pívots máis determinantes da máxima categoría.

Pola súa banda Luci encarará o seu segundo ano en Poio, onde chegou procedente do Burela Pescados Rubén.

A falta de concretar as chegadas que cubran os ocos que deixan as saídas de Silvia, Antía, Mirian e Clara, o Poio Pescamar eleva a catro o número de futbolistas renovadas, ao unirse Sousa e Luci a unha lista na que xa figuraban Caridad e Ana Rivera.

A que non seguirá tampouco no equipo é a canteirá Carol Agulla, que a través das súas redes sociais confirmou a súa decisión de deixar "a pelotita por un tempo", afastándose por tanto das canchas de xogo pero quedando "con todas as persoas incribles que me deu e todas as experiencias inesquecibles que me fixo vivir".