Cruel derrota Marín Futsal ante o Roldán a falta de 17 segundos para o final (2-3)

Marín
28 de maio 2022

O STV Roldán segue sendo a besta negra para o Marín Futsal, ao que se lle volveu a escapar un punto a falta de poucos segundos para o final, da mesma forma que ocorreu no partido de ida celebrado en Murcia. O cadro marinense encaixou na Raña o gol decisivo cando tan só quedaban 17 segundos para a conclusión e queda coas mans vacías ante un rival o que non conseguiu superar este ano (2-3)

Partido de liga en A Raña entre Marín Futsal e Roldán

O STV Roldán segue sendo a besta negra para o Marín Futsal, ao que se lle volveu a escapar un punto a falta de poucos segundos para o final, da mesma forma que ocorreu no partido de ida celebrado en Murcia. O cadro marinense encaixou na Raña o gol decisivo cando tan só quedaban 17 segundos para a conclusión e queda coas mans vacías ante un rival o que non conseguiu superar este ano (2-3).

O equipo murciano chegou ao pavillón da Raña coa intención de seguir co seu bo facer en liga e manterse no terceiro chanzo da Primeira División, o que lle permitirá disputar a final a catro polo título.

Conseguiu o control do esférico o Roldán nos primeiros instantes de partido ante un Marín que apertaba os dentes para disputar cada xogada e que se adiantaba no marcador por medio de Adriana. A xogadora local, tras unha rápida acción ofensiva, culminou cun disparo cruzado que se coou na portería de Ana Rubio.

Non acusaron o golpe as murcianas, que reaccionaron aos dous minutos grazas a unha boa xogada de Mariángeles que ela mesma finalizou no que foi o 1-1.

E outra vez, ao pouco de recibir o tanto do empate, o Marín Futsal volveu poñer por diante no marcador. Esta vez foi Ceci, a que cun espectacular lanzamento de falta, anotou pola escuadra un auténtico golazo que supoñía o 2-1.

Recuperou, como ocorrera anteriormente, o dominio o STV, que devolvía a igualada por mediación de Consuelo á saída dunha xogada de estratexia desde o córner, anotando o 2-2 co que se alcanzou o descanso a pesar de que marinenses e pachequeras seguiron realizando boas tarefas ofensivas que puideron inclinar a balanza a favor de calquera.

Tras o paso polos vestiarios foron as de Murcia as que se fixeron co dominio, mentres o Marín defendíase como boamente podía. Iso si, a partir do minuto tres, foron as de Raúl Jiménez as que empezaron a poñer en aprietos a Cristina, que desbarataba as opcións máis claras de Café, Pau e Ceci.

Mentres tanto, o Roldán obrigaba a Antía a empregarse a fondo para despexar un disparo de Noelia Montoro, que se estrelou finalmente no poste, e un claro remate de Patricia para así manter o empate a 2 ata a recta final.

Xa nos últimos segundos, o equipo visitante optou polo xogo de cinco e, no seu primeiro ataque, conseguiu enchufar o 2-3 por parte de Patricia, que rematou dentro da área un balón solto que le quedó a Consuelo.

Quedaban 17 segundos para a conclusión e foi o Marín sacou xogo de cinco, acariñando o empate nun último gol que foi anulado a Café por entrar fose do tempo regulamentario.

Finalmente, 2-3 tras 40 minutos vibrantes nos que puido gañar calquera.

MARÍN FS (2): Antía; Pau, Café, Ceci e María León (quinteto inicial). Tamén xogaron, Mar, Adriana, Dani Fleitas, Lucía e Inés Mayán.

STV ROLDÁN (3): Ana Rubio, Andrea, Mariángeles, Ángela e Mayte (quinteto inicial). Tamén xogaron, Consuelo, Noelia Montoro, Alba Gandía, Patricia, Laura e Cristina (segunda porteira).

Goles: 0-1, min. 6 Adriana. 1-1, min. 8 Marian. 2-1, min. 10 Ceci. 2-2, min. 12 Consolo. 2-3, min. 40 Patricia

Incidencias: A Raña. Colexiados, Rubén Ferrero Carballal e José Manuel Carreira Romero. Amoestaron a Noelia Montoro no STV Roldán e Lucía no Marín.