Continuidade para o terceiro proxecto de Carlos García-Alén na presidencia do Teucro

Pontevedra
20 de decembro 2018

Manter ao primeiro equipo "en la máxima categoría posible", fomentar a base, recuperar categorías na estrutura feminina e potenciar os ingresos para "asegurar la viabilidad do club" son as bases do proxecto de 4 anos que se iniciou este xoves coa proclamación de García- Alén como presidente

Carlos García-Alén, na asemblea do Teucro do ano 2018 Mónica Patxot

A Sociedade Deportiva  Teucro deu por concluído este xoves o seu proceso electoral coa proclamación, por terceiro mandato, de Carlos García-Alén como presidente para o próximos catro anos, ao ser a única candidatura formalizada.

O dirixente apostará por dar continuidade ás ideas postas en marcha nos últimos anos, pivotando sobre varios aspectos. O primeiro deles será un primeiro equipo que se quere manter "en la máxima categoría posible".

Ademais preténdese "recuperar la base y la parte femenina del club porque estos años perdimos algún equipo", sinalou o máximo responsable teucrista antes de centrar a súa atención no aspecto económico, no que a prioridade segue sendo "asegurar la viabilidad del club" reducindo a débeda existente.

Neste sentido a vía debe ser o "incremento de ingresos" que permita "no tener tanta dependencia de las administraciones", tendo en conta que "en el caso del Concello llevamos dos años de retraso en las ayudas y eso nos lastra", explicou García- Alén.

O recentemente presentado proxecto Ideas & Empresa, co que o Teucro pretende fortalecer o vínculo cos seus patrocinadores, avanza por este camiño co obxectivo ambicioso de "poder incrementar la facturación cerca de 100.000 euros".

Para iso no que será o seu terceiro mandato a xunta directiva que lle rodea contará con caras novas, pasando dos 6 membros que empezaron a tempada á ducia de integrantes.

Carlos García- Alén foi proclamado de novo presidente do Teucro nunha asemblea de socios celebrada na residencia de estudantes de Afundación.