Conta atrás para o Mundial xuvenil de 49er, 49er FX e Nacra 17 na Ría de Arousa

O Salnés
09 de xullo 2024

Faltan tan só oito días para que arranque a competición do Mundial xuvenil de 49er, 49er FX e Nacra 17, proba que reunirá durante cinco intensas xornadas de competición a máis dun centenar de tripulacións de 24 nacionalidades e catro continentes

Presentación do Mundial juvenil de 49er, 49er FX e Nacra 17 Clara Giraldo

Faltan tan só oito días para que arranque a competición do Mundial xuvenil de 49er, 49er FX e Nacra 17, proba que reunirá durante cinco intensas xornadas de competición a máis dun centenar de tripulacións de 24 nacionalidades e catro continentes.

A Ría de Arousa será o incomparable escenario para esta proba. Moitos dos equipos que pelexarán polo título intercontinental levan xa varias semanas instalados en Vilagarcía, adestrando no campo de regatas e realizando a última posta a punto do material.

O Mundial comezará oficialmente este próximo domingo, día 14 de xullo, coa primeira das e tres xornadas reservadas para rexistro e medicións.

O martes día 16, tras finalizar a regata de adestramento, ás 18:00 horas terá lugar a cerimonia de apertura co desfile dos equipos desde o Centro Galego de Vela ata a Praza de Galicia, onde serán recibidos polas autoridades.

Xa o mércores, a partir das 12:00 horas o comité de regatas dará o primeiro bocinazo de saída para unha frota que estará dividida en catro grupos -dous de 49er, un de 49er FX e outro de Nacra 17- e repartidos en dúas áreas de regata situadas en plena ría de Arousa.

A competición estará acompañada dun completo programa social no village do Centro Galego de Vela con ceas e degustacións de produtos típicos de Galicia para os preto de trescentos participantes nesta cita intercontinental.