Constituído o comité organizador do Mundial Sub-23 de loitas olímpicas que se celebrará en 2023 en Pontevedra

Pontevedra
15 de decembro 2021

Este Mundial, xunto ao cadete e júnior na modalidade de Grappling, contará o próximo mes de setembro con "una participación de alrededor de 1.500 deportistas durante 10 días", sinalou tras o encontro o presidente da Federación Española de Loita, Francisco Javier Iglesias

Reunión do Comité Organizador do Mundial Sub-23 de loitas olímpicas Mónica Patxot

Pontevedra ponse ao choio para preparar a gran cita deportiva de 2022 na cidade, co Campionato do Mundo Sub-23 de Loitas Olímpicas e o Mundial Cadete e Júnior na modalidade de Grappling.

O Concello de Pontevedra acolleu este martes a reunión de constitución do comité organizador destes campionatos, nos que "esperamos una participación de alrededor de 1.500 deportistas durante 10 días", confirmou o presidente da Federación Española de Lucha, Francisco Javier Iglesias.

O presidente federativo é un dos membros do constituído comité xunto ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; o Secretario  Xeral para o Deporte, José Ramón Lete; o presidente da Federación Galega de Loita, José Luis Olazábal; un representante da federación internacional como Pedro Amoedo; o director de competicións da Federación Galega, Pablo Pintos; e o adestrador Alexander Kachelaev.

"Dáme certa satisfacción que haxa unanimnidade en esta cuestións, cos eventos internacionais", sinalou na súa intervención o alcalde pontevedrés agradecendo o apoio do resto de institucións e federacións, confirmando á súa vez a intención de "optar no 2025 e seguintes anos a seguir facendo actividades destas características", tendo en conta que Pontevedra acollerá tamén en 2024 o Mundial Júnior de Loita e presentou candidaturas a Europeo e Mundial Absoluto.

"Temos moito que dicir no concerto internacional", defendeu á súa vez José Ramón Lete avalando o traballo que se realiza tamén desde o Centro Galego de Tecnificación Deportiva con ata 15 deportistas bolseiros nesta modalidade.

O Campionato do Mundo Sub-23 de Loitas Olímpicascelebrarase entre os días 17 e 23 de outubro de 2022, coa competición de Grappling ocupando os días previos. A todo iso hai que sumar que a intención é que a Boa Vila acolla un campus previo de adestramento para países suramericanos e asiáticos 15 días antes da competición.