Con Edu Sousa na portería para buscar un triunfo na casa que se resiste

Pontevedra
12 de marzo 2016

O Pontevedra recibe este domingo (17:00 horas) ao Arandina coa intención de conseguir o seu primeiro triunfo do ano en Pasarón. Os granates non gañan no seu estadio desde o 20 de decembro ante a Cultural Leonesa

Edu Sousa durante un adestramento en Príncipe Felipe Mónica Patxot

Volver gañar na casa. É a idea do Pontevedra na visita do Arandina este domingo (17:00 horas) ao Estadio Municipal de Pasarón para facer bo o empate conseguido a pasada semana en Astorga.

A vitoria en Pasarón resísteselle aos granates en 2016. De feito o seu último triunfo como local remóntase ao 20 de decembroante a Cultural Leonesa. Desde entón, tres empates e unha derrota, aínda que é certo que a última actuación en Pasarón, ante o Real Racing, recibiu o eloxio e reconociento dos afeccionados.

O cadro pontevedrés parece estar a recuperar a súa mellor forma e as sinais de identidade que lle levantaron á zona nobre, e unha vez asegurada a permanencia soña con achegarse de novo á cuarta praza, pero para iso deberá superar a un Arandina que chega á cidade de Lérez nun gran momento de forma. O equipo burgalés só perdeu un do seu últimos oito encontros de liga, con grandes resultados a domicilio como un empate en Santander ou unha vitoria no campo do Logroñés.

Conciente diso é Luisito, que recupera para a cita a Edu Sousa en portería tras dous partidos afastado dos terreos de xogo. O de Tui adestrou con normalidade ao longo da semana, ao contrario que Company a quen un golpe no cóbado fíxolle estar no dique seco, e apunta á titularidade.

O técnico granate convocou para o choque a todos os xogadores dispoñibles. Non estarán por tanto os lesionados Pablo Carnero e Capi, que continúan cos seus respectivos procesos de recuperación.

O colexiado do encontro será o tinerfeño Christian Miguel Gadella Kamstra.