Cinco medallas para Froiz e XSM no Campionato de España de Ciclocrós

Pontevedra
15 de xaneiro 2023

Co primeiro posto de Gonzalo Inguazo e o segundo de Miguel Rodríguez na carreira sub23, e o bronce de Aroa Otero na júnior, a escuadra conserveira coroouse na competición nacional, mentres que o equipo de Marín fixo o propio cun ouro a cadete Lorena Patiño vestindo a elástica da Selección de Galicia e a prata júnior de María Filgueiras

Lorena Patiño, cadete do XSM Federación Española de Ciclismo

O Campionato de España de Ciclocrós que se celebrou esta fin de semana en Vic tivo o selo tanto do GD Supermercados Froiz como do XSM de Marín.

Co primeiro posto de Gonzalo Inguazo e o segundo de Miguel Rodríguez na carreira sub23, e o bronce de Aroa Otero na júnior, a escuadra conserveira coroouse na competición nacional, mentres que o equipo de Marín fixo o propio cun ouro a cadete Lorena Patiño vestindo a elástica da Selección de Galicia e a prata júnior de María Filgueiras.

Foi unha fin de semana tanto para os equipos pontevedreses como para a Selección galega, que realizou unha auténtica exhibición demostrando o gran nivel que teñen os seus corredores.

Na xornada do sábado destacou o ouro da cadete Lorena Patiño, ciclista do XSM e gañadora das nove citas da Copa de España. Xa nos primeiros compases rompeu a carreira e ningunha adversaria foi capaz de darlle caza, impoñéndose cunha vantaxe de 43 segundos sobre Leyre Almea. O podio completouno Lida Castro.

Xa o domingo chegou o momento das carreiras máis esperadas e nas que estaban postos todos os ollos: a júnior masculina, sub23 masculina, elite-sub23-junior feminina e elite masculina.

Precisamente foi nestas carreiras nas que o Froiz e o XSM brillaron cos seus representantes, superando a importantes rivais para alzarse cun posto nos podios.

No caso da carreira sub23 masculina, a escuadra alimenticia foi clara dominadora, con Gonzalo Inguazo proclamándose campión de España e Miguel Rodríguez subcampión. Inguazo fixo un auténtico carreirón dominando en todo momento e cruzando a liña de meta a 24 segundos do seu compañeiro. Completou o podio Alain Suárez do Nesta.

Por último, o broche á cita nacional puxérono a galegas María Filgueiras (+0,23) e Aroa Otero (+0,32), cunha prata e un bronce en categoría júnior, e os cuartos postos de Irene Trabazo na carreira elite e o de Laura Mira, do Froiz, na Sub23.