Chequeo da ITU aos avances na organización dos mundiais de tríatlon de 2019

Pontevedra
24 de novembro 2018

Técnicos municipais mantiveron unha xuntanza coa directora de servizos da Federación Internacional de Tríatlon (ITU), Johanne SussBurckel, para revisar os avances que se produciron na organización dos mundiais de tríatlon que Pontevedra acollerá en 2019

Reunión técnica da organización dos mundiais de tríatlon de 2019 Concello de Pontevedra

Técnicos municipais mantiveron unha xuntanza coa directora de servizos da Federación Internacional de Tríatlon (ITU), Johanne SussBurckel, para revisar os avances que se produciron na organización dos mundiais de tríatlon que Pontevedra acollerá en 2019.

A representante federativa foi recibida pola concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, con quen repasou os aspectos máis significativos.

Foi unha xuntanza longa na que se revisaron con detalle os aspectos relativos aos servizos ao atleta e a competición, que xa están a pleno rendemento a case 150 días de comezo do campionato, que terá lugar entre o 27 de abril e o 5 de maio.

Aspectos tan básicos como a información que se proporciona aos atletas, o funcionamento da páxina web, os dispositivos de inscrición, os espazos de traballo dos equipos técnicos, salas de prensa, village de atletas, as xestións dos espectáculos, turismo, actos paralelos, cerimonias e sistemas de premios ou as salas de control de operacións, son algunhas das cuestións repasadas.

A impresión dos organizadores locais foi que a inspectora da ITU levou unha impresión positiva dos traballos previos do evento que traerá a Pontevedra a milleiros de atletas na próxima primavera.