Charles, "ilusionado como un chaval" no seu regreso a Pasarón: "Aquí he sido muy feliz y espero volver a serlo"

Pontevedra
31 de xullo 2020

Dezaseis anos despois da súa chegada a Pontevedra, Charles pecha o seu círculo. O mesmo club que lle abriu as portas do fútbol español terá agora o privilexio de velo colgar as botas. Pasarón verao meter goles "hasta que no pueda jugar más" e, a partir de entón, pasará a formar parte do staff técnico do club. "Estoy ilusionado como un chaval", afirmou

Roberto Feáns, Charles e Lupe Murillo Mónica Patxot

Dezaseis anos despois da súa chegada a Pontevedra, Charles pecha o seu círculo. O mesmo club que lle abriu as portas do fútbol español terá agora o privilexio de velo colgar as botas. Pasarón verao meter goles "hasta que no pueda jugar más" e, a partir de entón, pasará a formar parte do staff técnico do club. "Estoy ilusionado como un chaval", afirmou.

Acompañado da súa muller e dos seus dous fillos, un emocionado Charles reencontrouse este venres co céspede do campo pontevedrés. "Es un día muy importante para mí. Aquí llegué siendo un niño y me fui siendo un hombre. Ahora vuelvo a casa", dixo arroupado pola presidenta do club, Lupe Murillo, e o director deportivo, Roberto Feáns.

"He sido muy feliz aquí y espero volver a serlo", subliñou o xogador brasileiro, que desvelou que os contactos para regresar a Pontevedra comezaron xa hai meses. "Lupe me llamó por mi cumpleaños en abril y ahí empezamos a hablar", revelou.

Aínda que recoñeceu que "sabía que iba a volver" tarde ou cedo, o certo é que a pandemia da COVID-19 é un dos factores que acelerou este regreso. "En la cuarentena estuvimos muy mal y decidimos que queríamos volver a casa con nuestra familia", afirmou o futbolista, que engadiu que "las cosas me fueron trayendo hacia aquí".

Iso si, Charles deixa claro que "si fuera por dinero no estaría aquí", xa que desde que se soubo que abandonaba a disciplina do Eibar recibiu numerosas ofertas de equipos de Segunda División. "Pero di mi palabra de que vendría y aquí estoy", defendeu.

O xogador agradeceu tamén o agarimo recibido polos afeccionados "que me escribían todos los días para pedirme que volviera y, en parte, también estoy hoy aquí por ellos".

Lupe Murillo, pola súa banda, quixo destacar que "no es habitual" que un xogador deste nivel acepte xogar en Segunda B, pero entende que iso demostra que "tenemos un gran proyecto, somos un club respetado y que hay jugadores como Charles con valores y sentimientos".

A pesar de que recoñece que "será un año complicado" ante as incertezas que aínda hoxe xera a pandemia, entre elas se o público poderá volver aos estadios en setembro, Murillo asegurou que esta fichaxe "no me lo pensé mucho" e garantiu que a súa chegada non afectará á estabilidade económica da entidade.

Para ver a Charles vestido de curto aínda haberá que esperar, pero a presidenta do Pontevedra asegurou que a Federación baralla que a liga comece a fin de semana do 26 e 27 de setembro polo que "pronto volveremos a entrenar".