O novo proxecto deportivo da Sociedad Deportiva Teucro na Primeira Nacional empeza a tomar forma.
O primeiro na casa azul está a ser confirmar os xogadores que seguen no equipo e sobre os que se apoiará o plantel co que esperan na entidade dar un paso á fronte a próxima tempada.
Os últimos en renovar foron por unha banda o pivote brasileiro Caue Herrera e por outro o canteirán Sergio Blond.
No que respecta a Caue, o club pontevedrés asegura que "a súa habilidade, a súa dedicación e a súa paixón polo xogo son imprescindibles no noso equipo", mentres que Blond "co seu telanto e dedicación convértese en peza crave do equipo".
Con eles dous son xa cinco os xogadores confirmados no Teucro para a próxima tempada, ademais da adestradora Irene Vilaboa, ao unirse Caue e Sergio Blond a unha lista na que xa figuraban Marko Dzokic, Miguel Monteagudo e Xurxo Rivas.