Este sábado celebrouse a primeira xornada da liga autonómica de figuras na que participaron un total de 90 deportistas, que realizaron as novas figuras deste ano tras un cambio na normativa da Federación Internacional de Natación.
En sesión de tarde foi a quenda de rutinas da Sincronizada Galega coa disputa do Campionato de Rutinas Júnior na Piscina Municipal Rosario Dueñas de Ourense, modificado polo cambio de normativa tanto a nivel de rutinas como de puntuación.
Os mellores resultados para o Galaico chegaron da man de Daniela Suárez, que foi primeira, e Nayeli Faro, terceira, ambas as en categoría infantil. En figuras infantil tamén competiron Clara Maquieira, que foi 14; María Ferreiro, 24; Claudia Fernández, 16; Lucía Arousa, 19; Ariadna Millán, 29, e Navia Pérez, 23.
Tamén subiron ao podio en rutinas júnior Antía Riveiro, que se fixo co bronce, e Uxía Saavedra e María Maquieira, que se colgaron a prata en dúo técnico júnior.
Por parte do equipo pontevedrés tamén participaron en figuras alevín Iván González, que foi 39; Carolina Pazos, 28; Deva Alonso, sexta; Luana Parente, 21; Maira Parente, 22; Mariña Calvo, 11; Sofía Abal, 25; Iria Riveiro, 17, e Lucía Riveiro, 16.