O novo proxecto deportivo do Poio Pescamar empeza a tomar forma, e faino asegurando a continuidade de talento e mocidade.
Á fichaxe de Andrea Feijóo, o club conserveiro sumou este venres as renovacións de Carol Agulla e Antía Pérez, ambas as dúas internacionais nas categorías inferiores da Selección Española e cunha grande proxección.
As dúas futbolistas comprométense co equipo vermello por dúas tempadas máis.
Carol seguirá así ligada a un club ao que chegou en categoría infantil e co que se proclamou en tres ocasiones campioa de España en categorías inferiores antes de dar o salto ao primeiro equipo.
Antía pola súa banda afrontará a súa segunda campaña en Poio, despois dun ano que comezou con grandes esperanzas pero que se viu truncado pola grave lesión de xeonllo que se produciu nos Xogos Olímpicos da Mocidade e que lle mantivo no dique seco a práctica totalidade do curso, ata que regresou ás pistas nas últimas xornadas de liga.
O Poio Pescamar ten "moitas ilusións e esperanzas depositadas nestas dúas mozas", recoñeceron desde a entidade conserveira.