Carlos Torrado volve á Lomba despois de seis anos

O Salnés
01 de xullo 2024

Un home da casa. Así é a nova fichaxe que realizou o Arosa para a próxima tempada. Trátase de Carlos Torrado que, seis despois da súa saída do club arlequinado, volverá vestir a camiseta que lle viu crecer como futbolista

 

Carlos Torrado, na súa presentación como xogador do Arosa Arosa SC

Un home da casa. Así é a nova fichaxe que realizou o Arosa para a próxima tempada. Trátase de Carlos Torrado que, seis despois da súa saída do club arlequinado, volverá vestir a camiseta que lle viu crecer como futbolista.

Torrado, que ten actualmente 25 anos, chega procedente do Racing Club Villalbés, equipo no que estaba cedido por parte do Lugo.

O defensa, natural de Vilanova, militou no Arousa desde infantís e ata os 19 anos, debutando no primeiro equipo cando era xuvenil. En primeira tempada como xogador sénior chegou a acumular máis de 2.400 minutos sobre o terreo de xogo.

Na campaña 2019-2020 foise ao Coruxo e, posteriormente recalou no Polvorín e no Lugo, co que chegou a disputar varios partidos en Primeira RFEF.

"Elixín vir ao Arosa para axudar no novo proxecto e devolvelo a Segunda RFEF, así como porque o considero a miña casa, xa que pasei moito anos da miña vida nel", sinalou o xogador que foi presentado oficialmente este luns.

Asegura que afronta esta nova etapa, a súa sétima tempada na Lomba, "con moitas ganas e ilusión", xa que chega despois de anos nos que "mellorei bastante a nivel defensivo e ofensivo", o que lle permitirá reforzar a zaga arousá.