Carlos Ocaña cambia o Cisne polo Caserío

Pontevedra
12 de xullo 2024

En plena última fase de recuperación de lesión de xeonllo, Carlos Ocaña abandona o Cisne e pon rumbo ao Caserío Ciudad Real, onde asina por dúas tempadas máis outra opcional

Carlos Ocaña, no partido de Liga Asobal entre Cisne e FC Barcelona
Carlos Ocaña, no partido de Liga Asobal entre Cisne e FC Barcelona

En plena última fase de recuperación de lesión de xeonllo, Carlos Ocaña abandona o Cisne e pon rumbo ao Caserío Ciudad Real, onde asina por dúas tempadas máis outra opcional.

O lateral esquerdo militou no club pontevedrés as tres últimas tempadas, perdéndose a segunda parte desta tras romper o ligamento cruzado do seu xeonllo dereito o 2 de decembro contra o Eivissa.

Hai un ano proclamouse campión do mundo xuvenil coa selección española, que adestraba o que foi o seu adestrador no Cisne, Javier Fernández 'Jabato'.

Co Cisne logrou o ascenso a Asobal, disputando unha tempada na máxima categoría do balonmán nacional ás ordes de Javi Márquez.