Canastras pola inclusión no pavillón da Raña

Marín
05 de febreiro 2020

O Peixe Galego protagonizou este mércores a sétima edición das súas xornadas de convivencia a través do deporte, na que os xogadores do primeiro plantel compartiron pista con  ususarios da Asociación Xoán XXIII e o CEE de Pontevedra

Xornada de convivencia do Peixe Galego con usuarios dos centros Xoán XXIII e CEE de Pontevedra Marín Peixe Galego

O baloncesto como exemplo de integración. É o que quixo demostrar este mércores o Peixe Galego coa sétima edición das súas xornadas de convivencia a través do deporte.

O primeiro plantel de Liga LEB Ouro e técnicos do club compartiron pista no pavillón da Raña con usuarios dos centros Xoán XXIII e CEE de Pontevedra.

Durante ao redor dunha hora e media, todos xuntos compartiron charlas, bromas e sobre todo canastras.

Todo para demostrar que nunha cancha de xogo, tal e como debería ser na vida real, as discapacidades pouco importan.