Campillo, K.O. por unha escordadura de nocello

Pontevedra
14 de febreiro 2020

O defensor granate mancouse nunha acción fortuíta durante o adestramento do xoves e causará baixa polo menos para o duelo deste domingo contra o filial do Real Oviedo

Campillo adestrando co Pontevedra Cristina Saiz

Contratempo en forma de lesión no Pontevedra Club de Fútbol, que perde polo menos esta semana a un dos seus efectivos na liña defensiva.

Trátase de Campillo, que o xoves tivo que retirarse case ao final da sesión de adestramento tras mancarse no nocello nunha acción fortuíta con Adighibe.

Tras pasar as pertinentes probas médicas, determinouse que o defensor granate sofre unha escordadura, o que lle descarta para o duelo do domingo en  Pasarón contra o filial do Real Oviedo. Será a súa evolución nos próximos días a que marque a súa dispoñibilidade para a seguinte xornada ligueira.

Campillo únese desta forma a unha lista de baixas na que tamén figura Adrián Cruz por lesión e Romay por sanción.

No caso de Cruz, Carlos Pouso confirmou este venres en rolda de prensa que "sigue el proceso individualizado de potenciación de la zona donde tenía lesión y yo creo que si Dios quiere empezará la próxima semana", sinalou en relación á súa incorporación ao traballo co resto do grupo.