Abril será o 'Mes do Deporte' en Caldas de Reis.
É polo menos o que propón o Concello en colaboración co Club Número Phi, coa organización de máis de actividades para todos os públicos.
Todos as fins de semana do mes levaranse a cabo nas Palmeiras, ás 18.00 horas, obradoiros e probas deportivas de modalidades como a orientación, o gymbody, taekwondo, pilates, muay thai, trail ou ioga.
Os interesados en participar deben inscribirse previamente antes do 31 de marzo no Concello nas páxinas web habilitadas no caso das carreiras.
O primeiro sábado, 6 de abril, estreará a programación unha carreira de orientación polos montes de Santa María, e ademais organizarase un obradoiro de 'gymbody'.
En canto ao 13 de abril, será quenda para as clases de pilates ás 18.00 horas xunto ao muay thai e ao taekwondo ás 20.00 horas.
O día 21 de abril organizarase un campionato de trail running, e sábado 27 pecharase o mes con ioga.
"É unha oportunidade excelente para que as persoas residentes se mergullen na diversidade de disciplinas deportivas e descubran a súa paixón polo movemento e o deporte", afirma sobre a programación o tenente de alcalde e responsable municipal de Deportes, Manuel Fariña.